DATOS PERSOAIS E FAMILIARES

ASCENDENTES MAIORES DE 65 ANOS OU DISCAPACITADOS

Neste punto relacionaranse:

 

Os ascendentes do "Primeiro declarante" e do “Cónxuxe" que dean dereito á aplicación do mínimo por ascendentes.

 

-   NIF

 

Farase constar o número de identificación fiscal (NIF) de cada unha das persoas relacionadas.

 

Atención: para poder imprimir os modelos oficiais, o programa esixe que indique necesariamente o NIF dos ascendentes relacionados.

 

 

-   APELIDOS E NOME

 

Consignaranse os dous apelidos e o nome de cada unha das persoas relacionadas.

 

 

-   DATA DE NACEMENTO

 

Indicarase o día, mes e ano de nacemento de cada unha das persoas relacionadas.

 

 

-   DISCAPACIDADE (grao)

 

En caso de que, considerando a situación existente o día 31-12-2014, algunha das persoas relacionadas poida acreditar un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100, indicarase o grao de discapacidade recoñecido entre os que se indican a continuación:

 

1- Discapacidade en grao igual ou superior ao 33 % e inferior ao 65 % (para o caso de non estar na situación 2).

 

2- Discapacidade en grao igual ou superior ao 33 %  e inferior ao 65 %, se se acredita que se precisa axuda de terceiras persoas ou que se ten mobilidade reducida.

 

3- Discapacidade en grao igual ou superior ao 65 %.

 

 

Polos ascendentes discapacitados cuxa discapacidade fose declarada xudicialmente deberase indicar como mínimo un grao de discapacidade do 65 por 100, aínda que non alcancen o dito grao.

 

 

-   VINCULACIÓN

 

De cada un dos ascendentes relacionados farase constar a clave que corresponda das que se indican a continuación:

 

"D" = Ascendente do "Primeiro declarante".

 

"C" = Ascendente do "Cónxuxe".

 

 

-   CONVIVENCIA  CON VARIOS DESCENDENTES

 

Unicamente se cubrirá o recadro "Convivencia" cando algún dos ascendentes relacionados neste apartado, ademais de ter dependido e convivido co "Primeiro declarante" ou co "Cónxuxe" polo menos durante a metade do exercicio 2014, dependese e convivise, tamén polo menos durante a metade do exercicio, con outros descendentes do mesmo grao.

 

En tales supostos, se dous ou máis contribuíntes teñen dereito á aplicación das reducións por idade, asistencia ou discapacidade, o seu importe ratearase entre eles por partes iguais, polo que se fará constar no recadro "Convivencia" o número total de descendentes do mesmo grao, incluído o propio contribuínte, dos que o ascendente dependese en 2014 e cos que, así mesmo, convivise durante, polo menos, a metade do dito exercicio.

 

Por exemplo, se o pai do "Primeiro declarante" dependeu e conviviu durante todo o ano 2014 co dito contribuínte e, simultaneamente, con outro dos seus fillos, no recadro  "Convivencia" consignarase o número 2, que é o número total de descendentes do mesmo grao (fillos, neste caso) dos que dependeu e cos que conviviu en 2014 o pai do "Primeiro declarante”.