ARTIGO 46 DA LEI XERAL TRIBUTARIA
1. Os obrigados tributarios con capacidade de obrar poderán actuar por medio de representante, co que se entenderán as sucesivas actuacións administrativas, salvo que se faga manifestación expresa do contrario.
2. Para interpoñer recursos ou reclamacións, desistir deles, renunciar a dereitos, asumir ou recoñecer obrigas en nome do obrigado tributario, solicitar devolucións de ingresos indebidos ou reembolsos e nos restantes supostos en que sexa necesaria a sinatura do obrigado tributario nos procedementos regulados nos títulos III, IV e V da Lei xeral tributaria, a representación deberá acreditarse por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna ou mediante declaración en comparecencia persoal do interesado ante o órgano administrativo competente. Para estes efectos, serán válidos os documentos normalizados de representación que aprobe a Administración tributaria para determinados procedementos.
3. Para os actos de mero trámite presumirase concedida a representación.
(…)