ARRENDAMENTOS E CANONS
Comprende esta rúbrica os gastos orixinados polo alugamento de bens mobles ou inmobles, así como as cantidades satisfeitas polo dereito de uso de patentes, marcas e demais manifestacións da propiedade industrial.
CONTRAPRESTACIÓNS SATISFEITAS A OUTROS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR (art. 30.3 da lei)
Cando o cónxuxe ou os fillos menores do contribuínte que convivan con el realicen cesións de bens ou dereitos (sempre que non sexan bens ou dereitos comúns a ambos os cónxuxes) que sirvan ao obxecto da actividade empresarial, poderá deducirse para a determinación do rendemento da actividade a contraprestación estipulada, se non excede do valor de mercado. A falta de contraprestación estipulada, poderá deducirse o valor de mercado.
A contraprestación ou o valor de mercado considerarase rendemento de capital do cónxuxe ou dos fillos menores para todos os efectos tributarios.