FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > COTA ÍNTEGRA

ANUALIDADES POR ALIMENTOS A FAVOR DOS FILLOS (arts. 64 e 75 da lei)

 

Cando o contribuínte satisfaga anualidades por alimentos aos seus fillos por decisión xudicial, se o seu importe é inferior á base liquidable xeral, aplicarase a escala xeral e a escala complementaria separadamente do importe das anualidades por alimentos e do resto da base liquidable xeral.

 

Por iso, os contribuíntes que lles satisfagan anualidades por alimentos aos seus fillos por decisión xudicial indicarán o seu importe, co fin de que o programa calcule o gravame da base liquidable xeral conforme este procedemento.

 

FORMA DE CUBRIR

 

Incluiranse na epígrafe "M. Datos adicionais para o cálculo do imposto", recadro 523 da páxina 14 da declaración.