AMORTIZACIÓNS FISCALMENTE DEDUCIBLES. ESTIMACIÓN DIRECTA SIMPLIFICADA
AMORTIZACIÓN DO INMOBILIZADO MATERIAL, fiscalmente deducible
As amortizacións do inmobilizado material practicaranse de forma lineal en función da seguinte táboa de amortizacións simplificada, aprobada pola Orde do 27 de marzo de 1998 (BOE do 28 de marzo):
|
Grupo |
Elementos patrimoniais |
Coeficiente lineal máximo |
Período máximo |
|
Porcentaxe |
Anos | ||
|
1 |
Edificios e outras construcións |
3 |
68 |
|
2 |
Instalacións, mobiliario, utensilios e resto do inmobilizado material |
10 |
20 |
|
3 |
Maquinaria |
12 |
18 |
|
4 |
Elementos de transporte |
16 |
14 |
|
5 |
Equipos para tratamento da información e sistemas e programas informáticos |
26 |
10 |
|
6 |
Útiles e ferramentas |
30 |
8 |
|
7 |
Gando vacún, porcino, ovino e caprino |
16 |
14 |
|
8 |
Gando equino e árbores froiteiras non cítricas |
8 |
25 |
|
9 |
Árbores froiteiras cítricas e viñedos |
4 |
50 |
|
10 |
Oliveiral |
2 |
100 |
Os elementos do inmobilizado material empezarán a amortizarse desde a súa posta en condicións de funcionamento.
Os elementos patrimoniais deberán amortizarse, excluído o seu valor residual, dentro do seu período de vida útil, entendéndose por tal o período máximo de amortización previsto nas táboas.
ADQUISICIÓN DE ACTIVOS ENTRE O 1 DE XANEIRO DE 2003 E O 31 DE DECEMBRO DE 2004
Para as adquisicións de activos novos realizadas entre o 1 de xaneiro de 2003 e o 31 de decembro de 2004, os coeficientes de amortización lineais máximos establecidos nas táboas oficiais de coeficientes de amortización entenderanse substituídos, en todas as mencións a eles realizadas, polo resultado de multiplicar aqueles por 1,1. O novo coeficiente será aplicable durante a vida útil dos activos novos adquiridos no período antes mencionado.