AMORTIZACIÓNS (art. 40 do regulamento)

 

O valor de adquisición dos elementos patrimoniais transmitidos minorarase no importe das amortizacións fiscalmente deducibles, computándose en todo caso a amortización mínima, con independencia da efectiva consideración desta como gasto.

Para estes efectos, considerarase como amortización mínima a resultante do período máximo de amortización ou a porcentaxe fixa que corresponda, segundo cada caso.

Unicamente se poderá minorar a amortización cando se trate da transmisión de elementos patrimoniais polos que se puidese computar como gasto deducible, é dicir, fundamentalmente nos seguintes supostos:

-   Transmisión de bens inmobles que estean ou estivesen arrendados (e, se é o caso, cos mobles entregados conxuntamente con eles).

-   Transmisión de elementos patrimoniais que estean ou estivesen afectos a unha actividade económica desenvolvida polo contribuínte.

-   Transmisión de bens mobles, negocios ou minas que estean ou estivesen arrendados.

Non se debe computar amortización no suposto de bens inmobles non arrendados, ou outros elementos patrimoniais distintos dos sinalados anteriormente, nos que non fose deducible fiscalmente ningunha cantidade en concepto de amortización.