O programa de axuda posibilita a forma de cubrir e de imprimir o modelo oficial correspondente ao IRPF (modelo PADRE).
Ao tratar de crear unha nova declaración, presentarase un índice coas existentes.
Para dar de alta unha declaración deberáselle asignar un nome e premer o botón etiquetado como Nova declaración. Para cubrir, poderase escoller entre Incorporar datos fiscais e persoais, Cubrir incorporando datos persoais Renda 2013 ou Cubrir sen incorporar datos persoais Renda 2013.
O botón etiquetado como "Duplicar" permite crear unha copia da declaración.
O botón etiquetado como "Renomear" permite modificar o nome da declaración.
O botón etiquetado como "Borrar" permite eliminar o nome da declaración.
Se o que se desexa é revisar unha das declaracións xa creadas, deberá seleccionala na lista e pulsar a continuación o botón etiquetado como "Abrir declaración". Se se trata dunha alta, habilitarase a opción de “Incorporar datos fiscais e persoais" ou “Cubrir directamente a declaración".
As opcións/botóns “Exportar" e “Importar" facilitan o intercambio de declaracións de renda entre distintos ordenadores persoais. Para iso, no ordenador de “orixe” débense exportar as declaracións oportunas e, posteriormente, importalas no ordenador de “destino”. En ambos os ordenadores debe estar instalado o Programa PADRE 2014 e estas opcións non son compatibles co Programa para entidades colaboradoras.
O programa de axuda foi deseñado conforme os criterios máis estendidos de usabilidade e accesibilidade, procurando que sexa posible ser utilizado por usuarios NON informáticos. Para iso, inclúese unha axuda (ver “Manexo do programa"), unha sinxela barra de ferramentas formada por iconas gráficas autoexplicativas (apuntando co rato durante uns segundos, móstrase un texto descritivo da acción asociada á icona), e unha entrada de datos sobre paneis que representan os conceptos tributarios recollidos nos recadros do modelo oficial.
O programa unicamente solicita que se cubran os recadros de datos imprescindibles, calculando os acumulativos e resultantes de forma inmediata.
Algúns dos datos económicos consígnanse tecleando directamente o seu importe. Noutros, facilítase a forma de cubrilos desagregando o dato nos seus posibles compoñentes. Ao acceder a algún destes datos, presentarase, na parte dereita do recadro, unha icona representando unha ventá. Pulsando co rato na dita icona ou mediante a pulsación de calquera carácter no campo en si, aparecerá a ventá correspondente para proceder a cubrir os datos.
Os datos que se encontran
codificados ou tabulados contarán para a súa introdución coa axuda dunha lista
despregable. Ao acceder a estes campos, na súa parte dereita, aparecerá a icona
típica (
) para estas listas.
A lista poderá despregarse mediante unha pulsación de rato na súa icona.
Facilítase tamén a posibilidade de cubrir rapidamente a información pulsando a tecla correspondente ao primeiro carácter do valor desexado.
Nas listas aparecerá sempre un elemento que permite borrar a información introducida con anterioridade.
Se vostede ten dúbidas sobre a natureza do dato que vai cubrir ou desexa consultar a información fiscal asociada a el, pulse F1 e aparecerán en pantalla os textos de axuda asociados. Unha vez finalizada unha consulta, cerre a Axuda para volver á pantalla na cal se cobren os datos.
MOI IMPORTANTE. En caso de unidades familiares, a captura de datos e o cálculo dos recadros resultantes realizarase para cada unha das declaracións individuais dos distintos membros da unidade familiar, aplicándose as reducións e límites correspondentes. O programa xerará automaticamente a liquidación correspondente á declaración conxunta da unidade familiar, que pode consultar mediante a opción Modalidade do panel identificador, situado debaixo da barra de ferramentas e sobre o panel principal de recollida/consulta de datos, ou ben visualizar o resumo de resultados, onde aparece a cota resultante para cada unha das declaracións (Menú Ver Resumo de Resultados ou a icona correspondente na barra de ferramentas).
TECLAS ESPECIAIS
F1 Pulsando esta tecla nos recadros de datos, aparece en sobreimpresión un texto de axuda que contén información fiscal relativa ao recadro que se está cubrindo
Tecla "Suprimir" Permite eliminar o contido dun campo
Botón dereito do rato Presenta distintas opcións de menú de frecuente utilización.