ACTUALIZACIÓN DO VALOR DE ADQUISICIÓN DE INMOBLES NON AFECTOS A ACTIVIDADES ECONÓMICAS (art. 59 da Lei 39/2010)

 

Para as transmisións de bens inmobles non afectos a actividades económicas que se efectúen durante o ano 2014, os coeficientes de actualización do valor de adquisición serán os seguintes:

 

ANO DO INVESTIMENTO    COEFICIENTE

1994 e anteriores

1,3299

 

1995

1,4050

 

1996

1,3569

 

1997

1,3299

 

1998

1,3041

 

1999

1,2807

 

2000

1,2560

 

2001

1,2314

 

2002

1,2072

 

2003

1,1836

 

2004

1,1604

 

2005

1,1376

 

2006

1,1152

 

2007

1,0934

 

2008

1,0720

 

2009

1,0510

 

2010

1,0406

 

2011

1,0303

 

2012

1,0201

 

2013

1,0100

 

2014

1,0000

 


 

 

Non obstante, cando os investimentos se efectuasen o 31 de decembro de 1994, será de aplicación o coeficiente 1,4050.

A aplicación dun coeficiente distinto da unidade esixirá que o investimento fose realizado con máis dun ano de antelación á data da transmisión do ben inmoble.

 

Os coeficientes aplicaranse da seguinte maneira (art. 33.2 da lei):

 

a)   Sobre o importe real, o custo dos investimentos e melloras e os gastos e tributos inherentes á transmisión, atendendo ao ano en que se satisfixesen os ditos importes.

b)   Sobre as amortizacións, atendendo ao ano ao que correspondan.

 

En xeral, as amortizacións anuais entenderanse realizadas o último día do período impositivo (31 de decembro de cada ano).