ACTUALIZACIÓN DO VALOR DE ADQUISICIÓN DE INMOBLES AFECTOS A ACTIVIDADES ECONÓMICAS (art. 74 da Lei 26/2009)

 

Para a actualización do valor de adquisición dos bens inmobles afectos a actividades económicas transmitidos durante o ano 2014, os coeficientes aplicables, en función do momento de adquisición do inmoble transmitido, serán os seguintes:

 

  Coeficiente

                        

Con anterioridade ao 01-01-1984

2,3130

No exercicio  1984

2,1003

No exercicio  1985

1,9397

No exercicio  1986

1,8261

No exercicio  1987

1,7396

No exercicio  1988

1,6619

No exercicio  1989

1,5894

No exercicio  1990

1,5272

No exercicio  1991

1,4750

No exercicio  1992

1,4423

No exercicio  1993

1,4235

No exercicio  1994

1,3978

No exercicio  1995

1,3418

No exercicio  1996

1,2780

No exercicio  1997

1,2495

No exercicio  1998

1,2333

No exercicio  1999

1,2247

No exercicio  2000

1,2186

No exercicio  2001

1,1934

No exercicio  2002

1,1790

No exercicio  2003

1,1591

No exercicio  2004

1,1480

No exercicio  2005

1,1328

No exercicio  2006

1,1105

No exercicio  2007

1,0867

No exercicio  2008

1,0530

No exercicio  2009

1,0303

No exercicio  2010

1,0181

No exercicio  2011

1,0181

No exercicio  2012

1,0080

Nos exercicios 2013 e 2014

1,0000

A aplicación dun coeficiente distinto da unidade esixirá que o investimento fose realizado con máis dun ano de antelación á data da transmisión do ben inmoble.

 

Os coeficientes aplicaranse da seguinte maneira:

a)   Sobre o importe real, o custo dos investimentos e melloras, e os gastos e tributos inherentes á transmisión, atendendo ao ano en que se satisfixesen os ditos importes.

Cando os elementos patrimoniais fosen afectados á actividade despois da súa adquisición e con anterioridade ao 1 de xaneiro de 1999, tomarase como data de adquisición a que corresponda á afectación.

b)   Sobre as amortizacións, atendendo ao ano ao que correspondan.

En xeral, as amortizacións anuais entenderanse realizadas o último día do período impositivo (31 de decembro de cada ano).

 

ELEMENTOS PATRIMONIAIS ACTUALIZADOS

Tratándose de elementos patrimoniais actualizados de acordo co previsto no artigo 5 do Real decreto lei 7/1996, do 7 de xuño, aplicaranse as seguintes regras:

1-   Os coeficientes de actualización a que se refire o parágrafo anterior aplicaranse sobre o prezo de adquisición e sobre as amortizacións contabilizadas correspondentes a este, sen tomar en consideración o importe do incremento neto do valor resultante das operacións de actualización.

2-   A diferenza entre as cantidades determinadas pola aplicación do establecido no número anterior minorarase no importe do valor anterior do elemento patrimonial.

Para determinar o valor anterior do elemento patrimonial actualizado, tomaranse os valores que fosen considerados para os efectos de aplicar os coeficientes de actualización.

3-   O importe que resulte das operacións descritas no número anterior minorarase no incremento neto de valor derivado das operacións de actualización previstas no Real decreto lei 7/1996, sendo a diferenza positiva así determinada o importe da depreciación monetaria.

4-   A ganancia ou perda patrimonial será o resultado de minorar a diferenza entre o valor de transmisión e o valor contable no importe da depreciación monetaria a que se refire o número anterior.