ACTUALIZACIÓN, CAPACITACIÓN E RECICLAXE DO PERSOAL (art. 42 do regulamento)
Non terán a consideración de retribucións en especie os estudos dispostos por institucións, empresas ou empregadores e financiados directamente por eles para a actualización, capacitación ou reciclaxe do seu persoal, cando veñan esixidos polo desenvolvemento das súas actividades ou as características dos postos de traballo, incluso cando a súa prestación efectiva sexa efectuada por outras persoas ou entidades especializadas.
Nestes casos, os gastos de locomoción, manutención e estancia rexeranse polo previsto no artigo 9 do Regulamento do imposto.