ACTIVOS FIXOS USADOS (Real decreto 241/1992)
Para os efectos previstos no artigo 94.3 da Lei 20/1991, do 7 de xuño, darán dereito á dedución por investimentos os activos fixos usados que pertenzan a algunha das seguintes categorías:
a) Maquinaria, instalacións e ferramenta.
b) Equipos para proceso de información.
c) Elementos de transporte interior e exterior, excluídos os vehículos susceptibles de uso propio por persoas vinculadas directa ou indirectamente á empresa.
Mellora tecnolóxica
Para ter dereito a esta dedución, a adquisición do elemento de activo fixo usado ha de supoñer unha evidente mellora tecnolóxica para a empresa, debéndose acreditar esta circunstancia, en caso de comprobación ou investigación da situación tributaria do contribuínte, mediante a xustificación de que o elemento obxecto da dedución vai producir ou produciu algún dos seguintes efectos:
a) Diminución do custo de produción unitario do ben ou servizo.
b) Mellora da calidade do ben ou servizo.
Certificación da persoa transmisora
O contribuínte deberá conservar á disposición da Administración tributaria a certificación expedida polo transmisor na que se faga constar que o elemento obxecto da transmisión non gozou anteriormente da dedución por investimentos nin do réxime do fondo de previsión para investimentos.