CLAVE INDICATIVA DO TIPO DE ACTIVIDADE
Neste recadro seleccionarase o tipo ou natureza da actividade entre algunha das seis seguintes:
1- Actividades empresariais de carácter mercantil
Teñen carácter mercantil aquelas actividades empresariais que son así cualificadas conforme as disposicións do Código de comercio.
En xeral, clasificaranse nesta epígrafe todas as actividades que non se deban incluír en ningún dos números seguintes.
2- Actividades agrícolas e gandeiras
Enténdese por actividades agrícolas ou gandeiras aquelas mediante as cales se obteñan directamente das explotacións produtos naturais, vexetais ou animais e non se sometan a procesos de transformación, elaboración ou manufactura.
Considerarase proceso de transformación, elaboración ou manufactura toda actividade para cuxo exercicio sexa preceptiva a alta nunha epígrafe correspondente a actividades industriais nas tarifas do imposto sobre actividades económicas.
Inclúense entre as actividades agrícolas e gandeiras:
a) A gandería independente.
b) A prestación, por agricultores ou gandeiros, de traballos ou servizos accesorios de natureza agrícola ou gandeira, cos medios que ordinariamente son utilizados nas súas explotacións.
c) Os servizos de cría, garda e engorda de gando.
3- Outras actividades empresariais de carácter non mercantil
Neste número inclúense:
- As actividades forestais
- As actividades de artesanía, sempre que as vendas dos obxectos construídos ou fabricados se realicen nos propios talleres dos artesáns.
4- Actividades profesionais de carácter artístico ou deportivo
Son actividades artísticas e deportivas as incluídas na sección terceira das tarifas do imposto sobre actividades económicas.
5- Restantes actividades profesionais
Á parte das artísticas e deportivas indicadas na clave anterior, son actividades profesionais, como regra xeral, as incluídas na sección segunda das tarifas do imposto sobre actividades económicas (incluso se son desenvolvidas por comunidades de bens e demais entidades en réxime de atribución de rendas, ás que a normativa do IAE obriga a matricularse na epígrafe correlativa ou análoga da sección primeira).
En particular, teñen esta consideración os rendementos derivados do exercicio de profesións liberais.
GRUPO OU EPÍGRAFE IAE
Seleccionarase a epígrafe, se se trata dunha actividade empresarial, ou o grupo, se é profesional, en que a actividade estea clasificada para os efectos do imposto sobre actividades económicas.
Se o contribuínte desenvolve varias actividades encadradas na mesma clave, deberá consignarse a clasificación no IAE da principal (aquela da que se obtivese un maior volume de ingresos).
Excepcionalmente, se a actividade que se realiza non precisa de alta no imposto de actividades económicas, deixarase este recadro sen cubrir.
CRITERIO DE IMPUTACIÓN TEMPORAL DE COBRAMENTOS E PAGAMENTOS
Marcarán estes recadros os titulares de actividades empresariais de carácter non mercantil ou de actividades profesionais que opten ou optasen polo criterio de imputación temporal de cobramentos e pagamentos.
Atención: esta opción ha de referirse necesariamente a todas as actividades desenvolvidas polo mesmo titular.
MODALIDADE DE DETERMINACIÓN DO RENDEMENTO NETO
Deberá marcar cunha X o recadro correspondente á modalidade de determinación do rendemento neto: normal ou simplificada.
PAGAMENTOS FRACCIONADOS E RETENCIÓNS
Deberá consignar as retencións e ingresos á conta e os pagamentos fraccionados correspondentes a todas as actividades económicas, incluídos os pagamentos fraccionados das actividades realizadas en réxime especial de atribución de rendas na epígrafe N "Cálculo do imposto e resultado da declaración" (recadros 593 e 598 da páxina 16 da declaración).