ACTIVIDADES E PROGRAMAS PRIORITARIOS DE MECENADO
As actividades prioritarias de mecenado establecidas para o ano 2014 son as seguintes:
1. As levadas a cabo polo Instituto Cervantes para a promoción e a difusión da lingua española e da cultura mediante redes telemáticas, novas tecnoloxías e outros medios audiovisuais.
2. A promoción e a difusión das linguas oficiais dos diferentes territorios do Estado español levadas a cabo polas correspondentes institucións das comunidades autónomas con lingua oficial propia.
3. A conservación, restauración ou rehabilitación dos bens do patrimonio histórico español que se relacionan no anexo VIII da Lei 22/2013 de orzamentos xerais do Estado, así como as actividades e bens que se inclúan, logo do acordo entre o Ministerio de Cultura e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, no programa de dixitalización, conservación, catalogación, difusión e explotación dos elementos do patrimonio histórico español «patrimonio.es» ao que se refire o artigo 75 da Lei 53/2002, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social.
4. Os programas de formación do voluntariado que fosen obxecto de subvención por parte das administracións públicas.
5. Os proxectos e actuacións das administracións públicas dedicadas á promoción da sociedade da información e, en particular, aqueles que teñan por obxecto a prestación dos servizos públicos por medio dos servizos informáticos e telemáticos a través de internet.
6. A investigación nas instalacións científicas que, para este efecto, se relacionan no anexo XI da Lei 22/2013.
7. A investigación, desenvolvemento e innovación nos ámbitos das nanotecnoloxías, a saúde, a xenómica, a proteómica e a enerxía, e en contornos de excelencia internacional, realizados polas entidades que, para estes efectos, recoñeza o Ministerio de Economía e Facenda, por proposta do Ministerio de Ciencia e Innovación.
8. O fomento da difusión, divulgación e comunicación da cultura científica e da innovación levadas a cabo pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.
9. Os programas dirixidos á loita contra a violencia de xénero que fosen obxecto de subvención por parte das administracións públicas ou se realicen en colaboración con estas.