ACREDITACIÓN DA NECESIDADE DE TERCEIRAS PERSOAS OU MOBILIDADE REDUCIDA (art. 72.2 do regulamento)
Os contribuíntes discapacitados deberán acreditar a necesidade de axuda de terceiras persoas para desprazarse ao seu lugar de traballo ou para desempeñalo, ou a mobilidade reducida para utilizar medios de transporte colectivos, mediante certificado ou resolución do Instituto de Migracións e Servizos Sociais ou o órgano competente das comunidades autónomas en materia de valoración das discapacidades, baseándose no ditame emitido polos equipos de valoración e orientación dependentes destas.