ACREDITACIÓN DA CONDICIÓN DE DISCAPACITADO (art. 72 do regulamento)
Terán a consideración de discapacitados os contribuíntes que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100.
O grao de discapacidade deberá acreditarse mediante un certificado ou resolución expedido polo Instituto de Migracións e Servizos Sociais ou o órgano competente das comunidades autónomas.
En particular, considerarase acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100 no caso dos pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez e no caso dos pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
Igualmente, considerarase acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100 cando se trate de discapacitados cuxa incapacidade sexa declarada xudicialmente, aínda que non alcance o dito grao.