ELABORACIÓN DUN CLIMOGRAMA

EMPREGANDO O PROGRAMA LIBREOFFICE CALC


Un climograma é a representación gráfica dos datos de temperaturas e precipitacións dunha rexión, zona ou localidade da Terra ao longo dun período de tempo (un ano, por exemplo). En esencia, trátase dunha combinación gráfica na que indicaremos os datos de precipitacións totais de cada mes por medio dun diagrama de barras, e o rexistro das temperaturas medias mensuais a partir dun gráfico liñal.

O primeiro que hai que facer, obviamente, é abrir o programa libreoffice.org calc que é unha folla de cálculo equivalente a excel de microsoft pero de carácter gratuíto.

Para iso vai ao menú de inicio e búscao.

Logo hai que "teclear" os datos, primeiro as precipitacións e logo as temperaturas. Lembra que usamos a coma "," para os decimais.

Ten paciencia e faino ben. Se isto vai mal todo o demais irá mal.

Unha vez feito isto, selecciona os datos co rato e fai click no botón de gráfico

Selecciona o tipo de gráfico que queres, no noso caso Línea y columna

Selecciona a continuación o 2.Rango de datos e marca que a serie de datos están en filas (tamén poderíamos ter escrito os datos en columnas...)

 

Agora selecciona 4.Elementos gráficos e pon o título do gráfico. Logo, dalle a finalizar.

 

Selecciona agora no menú da Insertar da barra principal do programa, e no menú emerxente selecciona Ejes e a opción de Eje secundario Y

(o que lle estamos a decir ao programa é que cada variable, temperaturas e precipitacións, teñen cadanseu eixe). Dalle a aceptar.

 

Agora, no mesmo menú de Insertar selecciona Título e escribe os títulos dos eixes Y,

no principal Temperaturas (ºC) e no secundario Precipitacións (mm). Dalle a aceptar.

Somentes falta indicarlle ao programa que asocie o valor das barras de precipitacións ao eixe Y secundario que acabamos de crear.

Para isto, seleccionamos as barras de precipitacións e facémoslle "un dobre clic" para que aparezan as propiedades do obxecto.

Seleccionamos a pestana de "opcións" e indicámoslle que se aliñen co eixe secundario Y.

Aproveitamos para rematar de editar as barras de precipitacións, indicándolle que o espazo entre elas sexa do 20 %,

e seleccionando a cor na pesta de "Área". Dalle a aceptar

 

O climograma xa está feito

Pero agora, para manter en todos os climogramas que fagamos á mesma escala e así poder facer análises comparativos entre uns e outros, imos variar os valores dos eixes. En principio tes que saber que a escala das precipitacións é dobre respecto á das temperaturas.

Para isto, fai dobre clic co rato no eixe das temperaturas e s eleccionamos a pestana de Escala. Aquí introduces estes valores:

Mínimo: -40 Máximo: 180 Intervalo principal: 20 (observa que a opción de Automático está deseleccionada). Dalle a aceptar.

Agora tócalle o turno ao eixe das precipitacións. fai dobre clic sobre el e introducimos os seguintes valores:

Mínimo: -80 Máximo: 360 Intervalo principal: 40 (observa que a opción de Automático está deseleccionada). Dalle a aceptar.

Para que se vexa máis a liña das temperaturas podémola facer máis grosa.

Facendo dobre clic na liña das temperaturas, na pestana Línea, marca un ancho de 0,10cm. Dalle a aceptar.

Antes de continuar selecciona a lenda co rato e suprímea (unha cuestión estética, non máis).

Podes modificar o ancho do climograma ao teu gusto para que se vexa mellor a amplitude térmica (a diferenza entre a temperatura maior e menor).