Os dereitos de autor protexen a propiedade intelectual dunha creadora ou dun creador sobre as súas obras sempre que estas sexan orixinais. Este concepto abrangue, á súa vez, dúas entidades:

No día a día, cando falamos de dereitos de autor ou propiedade intelectual, en realidade estamos a referirnos aos dereitos de explotación e, por extensión, ás licenzas que regulan o seu uso. O noso deber coma traballadores públicos é facermos un uso ético e respectar as limitacións para cumprir coa lexislación vixente.
Na actualidade a lexislación para educación en canto ao uso ou ligazón de información ou recursos de terceiros é a seguinte:
Equipo de creación deste curso. Licenzas de uso. CC BY-NC-SA
Como xa suporás, Tania, existen certas excepcións polas que é lícito empregar unha obra protexida para fins educativos. Os dereitos patrimoniais teñen algúns límites e excepcións, establecidos en España pola Lei de Propiedade Intelectual, que equilibran estes dereitos individuais con outros dereitos colectivos e sociais como son o dereito á cultura, o dereito á información, á educación... Iso si, cómpre remarcar que falamos de excepcións, limitadas a casuísticas moi concretas e cuxos requirimentos deben cumprirse escrupulosamente.

Equipo de creación deste curso. Excepcións da lei a favor da docencia, a investigación e o acceso á cultura . CC BY-NC-SA