B. Identificación da necesidade formativa

a. Análise do ámbito no que se dá a necesidade

Tendo en conta que os ámbitos nos que podemos aplicar as novas tecnoloxías son tan amplos, o tipo de utilidades tan variado: software educativo, software de edición, ferramentas administrativas, hardware... planificar unha actividade de formación debe basearse nunha análise prioritario de necesidades.

Que metodoloxía imos empregar? Cal vai ser o recurso máis axeitado?

Estar ao día das últimas innovacións educativas, coñecer o traballo doutros docentes e facer unha previsión de onde nos vai levar o proceso de ensino-aprendizaxe, axudará en gran medida a identificar onde están as necesidades de formación do noso Equipo Docente.

 

"Sempre pensado como un todo, porque de nada vale que o saiba facer un, se do que se trata e de que o saibamos facer todos.

Prefiro dicir, non cho fago, ensínoche como se fai."

"Outra idea sería saír pescar, e non esperar a que nos chegue a peixeira á casa."

 

Nas reunións de programación analizaranse as necesidades de formación en NNTT no ámbito a traballar.

Coñecementos previos no grupo docente sobre o ámbito a abordar

Avaliar a competencia TIC que temos sobre as posibles ferramentas a empregar, desvélase como algo imprescindible, xa que a planificación da actividade formativa debe estar directamente relacionada.

O tipo de actividade formativa a desenvolver debería depender en gran medida destes coñecementos previos e do dominio, coñecemento ou descoñecemento que teñan os membros do Equipo Docente sobre o ámbito escollido.

É dicir, a posibilidade de establecer sinerxías entre os docentes, que uns ensinen a outros ou a dificultade para poder facelo, nos dirixirá cara un modelo ou outro de actividade de formación.

 

b. Marcar obxectivos

Como docentes, sabemos da importancia dunha definición axeitada dos obxectivos de aprendizaxe.

Pretender unha actividade de formación con demasiados obxectivos fará que non lle dediquemos a atención suficiente a cada un deles. Será máis proveitoso marcar uns realistas e posibles de abarcar.

Debemos relacionar os obxectivos coa tarefa docente correspondente.

 

"Por exemplo: Editar vídeos como ferramenta de presentación do aprendido durante o desenvolvemento dun Proxecto Documental Integrado.

E que se non parece que o que queremos é xogar coa tecnoloxía, non usala profesionalmente."