Incidencias do alumno - espazoAbalar
En “Incidencias do alumno*” infórmaselle das situacións máis relevantes xeradas na aula que estean relacionadas co seu fillo/a así como os detalles de maior importancia sobre as mesmas. Ao igual que no apartado anterior, recibirá un correo electrónico coa notificación cando se publiquen estas incidencias.
- Pulse Incidencias do alumno para acceder ás incidencias do seu fillo/a
- Este apartado expón o asunto da incidencia, o día de publicación e, ademais, presenta unha ligazón para acceder aos detalles da mesma
- Prema Ver detalle, para acceder á información pormenorizada de cada unha das incidencias
- O Nome do alumno e o Curso do alumno do que se creou a incidencia
- Amosa o titular da Incidencia, e dicir, a forma na que se presenta a mesma na pantalla anterior
- Amosa unha descrición detallada da incidencia
- A Data inicio e Data fin da validez indican o período no que as incidencias estarán visibles para os responsables dos alumnos/as
- Para regresar á lista de incidencias pulse Voltar