espazoFamilias - Servizos a Pais e Nais
Na páxina principal do portal, existe unha sección de Contidos orientados na que se recolle información de interese para os usuarios de cada apartado.
Para acceder á información para Familias, seleccione na pantalla de inicio o apartado de Contidos orientados –Alumnado e Familias
Dentro do apartado familias e alumnado, pode atopar as seguintes opcións e funcionalidades:
- Contidos: Aquí encontrará todos os contidos e noticias relativas ao espazoAbalar dirixidos ás familias e alumnado: novas, experiencias, equipamento, guías, publicacións..
- Atendémolo: Dende aquí poderá enviar a súa pregunta ou comentario sobre espazoAbalar
- Repositorio de contidos dixitáis: Posibilita o acceso á plataforma de xestión, difusión e emprego dos recursos educativos dixitais
- Calendario: Permite ver os eventos vfixados en cada mes
- Abalar en Facebook: Acceso ao apartado de Abalar na rede social de Facebook
- Enquisas: Preguntas ás que poderá contestar sobre o Proxecto Abalar
- Información sobre o proxecto Abalar: Acceso a toda a información sobre o Proxecto Abalar
![]() |
|
