Rúbricas

No modulo dedicado ás WebQuests fixemos referencia á avaliación mediante unha rúbrica, se non lembras o tema revisa de novo o módulo sobre a WebQuest.

Nesta parte utilizaremos as matrices de valoración como un instrumento de avaliación aplicable a outras tarefas.

Para comprender o procedemento de elaboración dunha rúbrica, utilizaremos a ferramento do sitio web RubiStar [ http://rubistar.4teachers.org/ ]

captura logotipo rubistar

Temos a posibilidade de ver as rúbricas creadas por outras persoas usuarias de RubiStar

captura buscador de rúbricas de rubistar

Para crear a nosa propia rúbrica:

captura crear rúbrica

Preme en calquera dos botóns da parte inferior, todos levan á mesma xanela.

captura tipos de rúbricas

A modo de exemplo ímos crear unha rúbrica para avaliar un proxecto multimedia, fai click no texto  "Proxecto Multimedia"

A continuación accedemos ao formulario para configurar a rúbrica e escribir a matriz de valoración.

Ten en conta que para esta práctica non estamos rexistrados, e neste caso ao cabo dunha semana RubiStar elimina o documento.
Completa os campos porque é obrigatorio, en código postal escribe 99999 ( usuario internacional )

Dispoñemos de 40 minutos para escribir a rúbrica.

captura formulario crear rúbrica

Formulario para escribir a matriz de valoración.

(1)Categorías preconfiguradas, non é necesario utilizalas, tamén podemos escribir outros aspectos a avaliar(2).
(3) No encabezado das columnas escribimos a escala de valoración.
(4) Espazo para escribir os criterios de valoración "niveis de execución".

Se escollemos unha categoría preconfigurada, a aplicación enche a fila coa información correspondente, que podemos modificar sen problema.

captura formulario rubistar

 

Utiliza os botóns da parte inferior para borrar todo ou pasar á xanela para imprimir e/ou gardar a matriz de valoración.

captura imprimir rúbrica

Para "Poner la rúbrica en línea" ( gardar en RubiStar ) é necesaria unha conta de usuario.