Portfolio
O portfolio ou portafolio de aula é unha colección de producións do estudante a partir das cales se pode desenvolver unha avaliación. Pero non é un inventario de todos os traballos, crear un portafolio implica análise e selección.
Aspectos positivos:
- Ofrecen moita información sobre a aprendizaxe.
- Ten caracter cooperativo.
- O traballo é "visible" e pódese comparti-expoñer
- Fomenta a autonomía do alumnado.
- É motivador e estimulante porque resulta un traballo continuo e non unha actividade aislada.
- O estudante coñece o como se avaliará o seu traballo.
Aspectos negativos:
- Esixe un alto nivel de disciplina do alumnado.
- A avaliación debe estar moi ben planificada.
- Poden aparecer problemas de inseguridade por parte do alumnado.
Estructura dun portafolio(Barberá, 2005):
- Unha guía ou índice de contenidos, que determina a planificación do traballo.
- Unha introdución que estableza o punto de partida.
- Una temas centrais que son o corpo do portafolio e inclúe a documentación selecionada polo alumnado como mostra da aprendizaxe conseguida en cada uno dos temas.
- Un apartado de clausura como síntese da aprendizaxe en relación aos contidos.
Ademais deben incluirse os seguintes apartados:
- Autoría.
- Contenidos a desenvolver.
- Obxectivos e competencias
- Estrutura e organización concreta.
- Criterios de avaliación
Fases para o desenvolvemento dun portafolio (Barberá 2005):
FASE 1. Recollida de evidencias: fotografías, vídeos, podcast, traballos escritos, presentacións dixitais, exames, mapas conceptuais, etc
FASE 2. Selección de evidancias: escoller as mellores producións para presentalas ao profesor e aos compañeiros.
FASE 3. Reflexión sobre as evidancias.
FASE 4. Publicación do portafolio.
Portfolio electrónico.
As TIC a portan aos portfolios intrumentos para elaborar as evidencias: imaxes, vídeos, producións multimedia, arquivos de son, etc , pero tamén poden ser o soporte para construir o portfolio e publicalo.
Polo xeral o termo "portfolio electrónico" fai referencia ao uso dunha plataforma virtual como soporte do portafolio.
Servizos web con soporte para portfolios:
Wikis
Por exemplo wikispaces http://www.wikispaces.com/
Blogs
Blgger http://www.blogger.com
Wordpress http://es.wordpress.com/
Espazos web
Google Sites http://sites.google.com
IMPORTANTE: Nón todos os sitios permiten a creación de contas de usuario a menores de 14 anos.
Proxecto webs dinámicas .
Drupal permite a creación de blogs persoais, cada un coa súa propia configuración.