Engadir SCORM en Moodle
Para engadir un paquete SCORM a moodle, escolle "SCORM/AICC" no menú "Engadir unha actividade"
Escribe un nome e unha descrición para a actividade
Escolle o paquete SCORM, un arquivo ZIP propio creado cunha ferramenta de autor ou con Reload Editor ou baixado dun repositorio como AGREGA.
En "Método de cualificación" escolle a forma depresentar os resultados de avaliacion do alumnado.
"Número de tentativas" especifica o número de veces que se permite ao alumnado visualizar o SCORM.
Como en outras actividades Moodle podemos configurar o tamaño da presentación e o traballo en grupos.