Creación

Creación dun taller.

Desde "Engadir unha actividade" escoller taller. Segundo a configuración de moodle pode ser necesario activar este módulo se non aparece na relación de actividades.

captura moodle, creación dun taller.

 Na seguinte xanela comezamos a configurar as características do taller.

captura moodle, configuración dun taller.

Cualificación das avaliacións: Este apartado indica a puntuación máxima que un alumno pode recibir por avaliar un traballo.
Cualificación do envío: puntuación máxima para avaliar unha tarefa enviada.

Na actividade Taller o alumnado recibe dúas cualificacións: a que corresponde á tarefa enviada e a que corresponde ao seu traballo como avaliador.

Estratexia de cualificación: determina o formato da avaliación entre iguais.

captura moodle, configuración dun taller.

Numero de elementos de avaliación: determina os criterios que se deberán ter en conta para a avaliación. O alumnado debe valorar cada un destes aspectos.
Número de anexos:indica a cantidade de arquivos que pode enviar o alumno/a. Por exemplo se poñemos 1 , moodle admitirá 1 arquivo enviado , pero non obrigamos a que se envíe.
Número de avaliacións de exemplo: establece a cantidade de exemplos de avaliación que ofrece a persoa profesora. Os alumnos deben avaliar estes exemplos do profesor antes de comezar coa valoración dos traballos dos compañeiros/as.
Número de avaliacións do/a estudante:  indica a cantidade de valoracións que deben facer os alumnos, as asignacións de traballos son aleatorias.
Autoavaliacións: permite que o alumnado cualifique os seus propios traballos.
As avaliacións deben ser consensuais (aceptadas): permite que o alumno avaliado poida rexeitar a valoración que recibe o seu traballo por parte dun compañeiro/a.
Oculta os nomes dos estudantes: con esta opción activada non se amosan os nomes dos avaliadores.

captura moodle, configuración dun taller.

Contrasinal: permite definir unha palabra de acceso.
Tamaño máximo: referido aos arquivos enviados polo alumnado.
Datas: configuracións das datas para o envío das tarefas e a avaliación.

O seguinte paso é escribir os criterios para avaliar a tarefa, deben ser concretos e doados de comprender polo alumnado.

captura moodle, configuración dun taller.