Categorías e preguntas

Unha vez configurado o cuestionario, ao acceder a el aparecerá a páxina de edición do cuestionario, como se ve na figura seguinte.


 

Nesta páxina aparecen dúas seccións. A zona da esquerda amosa unha listaxe coas preguntas do cuestionario (inicialmente esta lista estará baleira). Á dereita aparece o banco de preguntas, organizado por categorías. Dende este banco podemos copiar preguntas a un cuestionario calquera, independentemente do curso no que apareza.

 

Primeiro debemos crear unha categoría para engadir e clasificar as preguntas que elaboraremos a continuación.

Seleccionamos Categorías no menú superior, para clasificar as preguntas en categorías, e cubrimos os seguintes campos: Pai: Superior, Categoría: Nome_elixido, Información sobre a categoría: (unha breve referencia ás preguntas que incluiremos nela), Publicar: Si, Acción: Engadir.


A continuación verémola aparecer na sección Editar categorías. Se prememos na icona de edición (á man) podemos editar de novo a categoría e facer as modificacións que queiramos en calquera momento.


 

Así temos xa case todo configurado. Só falta confeccionar as preguntas do noso cuestionario para engadilas despois. Dentro da mesma xanela, no menú superior, accedemos ao banco de preguntas premendo na pestana Preguntas. Seleccionamos a Categoría previamente creada e, en Crear nova pregunta, seleccionamos no menú Escolla o tipo de pregunta que corresponda.



Este material creado por A. Lomba e E. Gesteira está baixo unha licenzaCreativeCommonsReconocimiento-NoComercial-CompartirIgual3.0Unported.