Grupos

Na planificación do traballo cooperativo xurde a necesidade de crear grupos co alumnado.

En moodle a creación de grupos permite planificar tarefas separadas e determinar a visiblilidade de mensaxes ou contidos segundo o grupo.

No menú de administración selecciona "Grupos".

Accedemos ao formulario de administración dos grupos, preme en "Crear grupo" para crear o primeiro.

Escribimos o nome e unha pequena descrición ( opcional )

"Chave de inscrición" se o curso está configurado para que os visitantes se inscriban mediante unha contrasinal, con esta opción podemos definir diferentes chaves para cada grupo, asi o usuario pasa a formar parte automáticamente do grupo.

 

"Editar configuración do grupo" permite modificar as características do grupo seleccionado.

"Engadir/Eliminar usuarios dun grupo" abre o formulario para xestionar a composición do grupo:

Coas iconas  podemos incorporar ou extraer membros do grupo.