Foros
Para crear un foro escollemos "Foro" no menú "Enhadir unha actividade"
A continuación aparece o seguinte formulario.
"Deben subscribirse todos/as obrigatoriamente?", importante nos foros de noticias que utiliza o profesorado para enviar comunicados.
A subscrición implica recibir unha copia das mensaxes no correo.
"Si, sempre" Os participantes sempre recibirán unha copia das mensaxes no seu correo.
"Si, inicialmente" , en principio tódolos asistentes están subscritos, pero poden desubscribirse.
"Subscripcións non permitidas" non hai envío de copias das mensaxes ao correo dos asistentes.
"Cualificación" seleccionando esta opción conseguimos que o foro sexa unha actividade que será cualificada polo profesorado.
Configuración de grupos:
"Sen grupos" todos poden escribir e ver as mensaxes do foro.
"Grupos separados" os asistentes só poden ver e respostar ás mensaxes do seu grupo.
"Grupos visibles" os asistentes poden ver tódalas mensaxes, pero só poden respostar ás escritas por membros do seu grupo.
Aspecto dun foro:
Os usuarios poden configurar o modo como se presentan as mensaxes.