Rúbrica
O apartado de avaliación debe contemplar os seguintes aspectos:
- O traballo do alumnado.
- O traballo do grupo.
- A resolución das tarefas.
Un dos instrumentos máis axeitados para avaliar o traballo do alumnno/grupo son as rúbricas, tamén chamadas escalas ou matrices de valoración, son unha descrición dos criterios cos que se avaliará a webquest, con asignación de puntos por cada criterio.
Non son simples instrumentos de avaliación, senon que tamén permiten ao alumnado ter unha referencia clara do que se espera do seu traballo.
VANTAXES.
- Reducen a subxectividade na avaliación.
- Indican ao alumnado os aspectos que se valorarán e en que grao.
- Proporcionan criterios para medir os progresos.
- Son fáciles de comprender.
COMO FACER UNHA MATRIZ DE VALORACIÓN.
Algunhas recomendacións para deseñar matrices de valoración:- Procure un bo modelo e identifique as características que definen un bo traballo. permita que os estudantes se familiaricen con él.
- Revise o contido ou unidade que se vai estudar.
- Defina con claridade dentro desa área ou unidade un(uns) obxectivo(s) , desempeño(s), comportamento(s), competencia(s) ou actividad(es) nos que se va enfocar. Determine os que vai avaliar.
- Describe o máis claramente posible os criterios de desempeño específicos que vai utilizar para levar a cabo a avaliación desas áreas.
- Deseñe unha escala de calidade para cualificalas, é dicir, defina os niveis de desempeño que pode alcanzar o alumnado. Con diferentes graos, por exemplo de excelente a incompleto.
- Revise a matriz para asegurarse de que non falta nada.
- Practique o modelo ou matriz.
( adaptado de Eduteca.org, http://www.eduteka.org/MatrizValoracion.php3 , baixo licenza creative commons )
ASPECTOS FORMAL DA RÚBRICA
Normalmente se presenta como unha táboa , na primeira fila aparecen os niveis de valoración, na primeira columna reflíctense os aspectos a avaliar. Ás veces pode levar unha última columna para a puntuación de cada aspecto.
Exemplo de rúbrica extraída da webquest "O día do teu nacemento" de Mario Aller (http://www.telefonica.net/web2/webdeismail/#Introduccion)
|
|
Incompleto 1 |
Medio 2 |
Ben 3 |
Excelente 4 |
Nota |
|---|---|---|---|---|---|
|
Organización
Traballo |
|
|
|
|
|
|
Busca e manexo da información |
|
|
|
|
|
|
Composición escrita Redacción |
|
|
|
|
|
|
Informe presentado Tarefa final |
|
|
|
|