WebTask

Traducido como tarefas web.

Son un modelo de aprendizaxe por tarefas coa característica básica de procura de información en Internet.

Non existe un formato común , pero xeralmente constan dunha introdución, coa función de presentar o tema e tamén motivar ao alumnado, e unha descrición precisa da tarefa a desenvolver .

Exemplos de WebTask:

Reto: plantexan ao alumnado unha procura de información en Internet, poden ser unha simple pregunta. Por que unha maratón ten 42,195 km de percorrido?

Caza do tesouro: é unha actividade que dispón dun formato definido. Exemplo
Apartados da "caza do tesouro"

  1. Introdución.
  2. Listaxe de preguntas.
  3. Recursos.  Sitios web seleccionados.
  4. A gran pregunta. A resposta non se atopa nas ligazóns. Pode ser un análise do traballo, un comentario, etc
  5. Avaliación.  

Webquest: O modelo "webquest" foi creado polo profesor Bernie Dodge, e consiste nunha tarefa de procura de información principalmente na web , cunha estructura moi ben definida. Exemplo

Apartados dunha webquest:

  1. Introdución: Ofrece a información incial, tamén ten o obxectivo de motivar ao alumnado.
  2. Tarefa:son as actividades que deben desenvolverse.
  3. Proceso: indica o procedemento que debe seguir o alumnado para completar as tarefas.
  4. Recursos: neste apartado se inclúe unha listaxe de ligazóns a sitios web ( e outros recursos) que se deben visitar para obter a información necesaria para realizar as tarefas.
  5. Avaliación: describe con precisión a forma como se valorará a tarefa ( ou tarefas ).
  6. Conclusión: analiza a aprendizaxe e motiva ao alumnado para continuar coa investigación.

As webquests serán tratadas con máis profundidade noutro módulo.