Traballo por proxectos
"A aprendizaxe baseada en proxectos é un modelo de aprendizaxe na que os estudantes planifican, implementan e avalían proxectos que teñen aplicación no mundo real máis alá da sala de clase" (Blank, 1997; Dickinson, et al, 1998; Harwell, 1997)
Algúns elementos comúns dos proxectos.
- Centrados no estudante, dirixidos polo estudante.
- Moi ben definidos: inicio, un desenvolvemento e un final.
- Contido significativo para os estudantes, directamente observable na súa contorna.
- Problemas do mundo real.
- Con investigación.
- Un produto tanxible que se poida compartir.
- Que favoreza a reflexión e a autoavaliación por parte do estudante.
(Dickinson et al, 1998; Katz & Chard, 1989; Martin & Baker, 2000; Thomas, 1998)
Exemplo de desenvolvemento dun proxecto:
Estudo das ideas previas.
O alumnado expoñe a información que posúe sobre o tema, responden á pregunta "Que sabemos?"
O profesorado pode utilizar diferentes técnicas para recoller as ideas previas: mapas conceptuais, exposicións públicas, debates, cuestionarios, etc
Índice e guión da investigación.
Os estudantes elaboran unha lista de preguntas ou un guión que lles permita definir os aspectos que van investigar. "Que queremos saber?"
Definir as fontes de información.
Procurar fontes e analizar o que poden aportar. "Onde atopamos a información?"
Organización para a investigación.
- Pódense explorar diferentes modalidades:
- Cada grupo investiga nunha fonte e transmite a información ao resto.
- Tódos os grupos utilizan a mesma fonte e comparten os resultados.
Traballo coa información.
Analizar, comparar,interpretar, etc , a información. "Que facemos coa información que temos?"
Avaliación, síntese e conclusión.
O alumnado reflexiona sobre o aprendido. "Como resultou todo?" "Que cousas podemos mellorar?"
(Extraído dun documento de Ana González Vidal [PDF])