Medida do impacto das TIC

O cuestionario é o instrumento que se utiliza de forma xeralizada para "medir" o impacto das TIC no ensino. Trátase de enquisas de opinión e de actitude.

Aspectos que se deberían ter en conta á hora de analizar o impacto das TIC:

INFRAESTRUCTURAS: equipamento, conectividade, servizos de soporte técnico , e existencia de responsables-coordinadores nos centros educativos.

FORMACIÓN DO PROFESORADO: planes de formación permanente, asesoramentos, difusións das innovacións ou boas prácticas, e acceso a proxectos de innovación docente.

DOCENCIA: uso dos recursos TIC, promoción do traballo cooperativo, experimentación con novas formas de avaliar, elaboración de contidos,mellora da aprendizaxe.

 

Ámbitos de uso das TIC nos centros educativos.

Xestión do centro:

  • Administración.
  • Biblioteca.
  • Publicacións, incluída a presenza en Internet a través do sitio web do centro.

Práctica docente:

  • Formación do profesorado, non formal.
  • Obtención de recursos.
  • Elaboración de materiais.
  • Docencia.
  • Avaliación.

 

Exemplo de cuestionario para medir un indicador relacionado coas TIC.

exemplo de escala para medir o uso das TIC no ensino

 


A imaxe corresponde a un fragmento do documento "Traver, J. A. y García López, R. (2007). Construcción de un cuestionario-escala sobre actitud del profesorado frente a la innovación educativa mediante técnicas de trabajo cooperativo (CAPIC). Revista Electrónica de Investigación Educativa, 9 "