Innovación
Teoría da difusión de innovacións. ( Everett Rogers )
Innovación: Everett Rogers define innovación como "unha idea, práctica ou obxecto que é percibido por un individuo como novo". Como consecuencia, a apreciación de innovación é totalmente subxectiva posto que depende dos coñecementos da persoa que a recibe.
Difusión: Proceso de comunicación da innovación.
Fases na adopción ( ou non ) dunha innovación:
- Coñecemento. O individuo recibe a innovación e comprende o funcionamento. Importante subliñar que o coñecemento da innovación non se refire exclusivamente a ter unha referencia, senon tamén a recibir información sobre o funcionamento.
- Interese. A persoa reflexiona sobre a innovación, e intenta formar unha opinión ( positiva ou negativa )
- Avaliación. Nesta etapa o individuo decide se adopta a innovación ou a rexeita.
- Implementación. Só para as persoas que adoptan a innovación. Fase de aplicación nas súas tarefas cotiás.
- Adopción. Só para as persoas que adoptan a innovación. Fase de reafirmación e adopción definitiva.
Atributos das innovacións que inflúen na adopción:
- Vantaxes relativas. A resposta a esta pregunta: A innovación é mellor que a idea, práctica ou obxecto que remplaza?
- Posibilidade de observación. Ver, medir, comprobar os resultados da innovación.
- Compatibilidade. Referida a valores, hábitos,experiencias, necesidades, etc , das persoas que a poden adoptar.
- Complexidade. O que implica a dificultade de aprendizaxe, a facilidade de uso, o mantemento, etc
- Posibilidade de proba. É posible experimentar a innovación antes de adoptala?
Clasificación dos individuos segundo a velocidade de adopción da innovación:
- Innovadores, son os primeiros en utilizar a innovación. Adoptan a innovación por motivacións persoais, especialmente a súa necesidade de experimentar.
- Primeiros adoptantes, son máis numerosos que as persoas do punto anterior , e de maior valor para a extensión da innovación ( contaxio ) porque teñen capacidade de influenza. Adoptan a innovación porque recoñecen os beneficios.
- Primeira maioría, aceptan a innovación despois de sopesar e valorar as implicacións.
- Maioría tardía, xunto co anterior son o grupo máis numeroso. Son moi cautelosos e necesitan a presión doutras persoas para xustificar a adopción.
- Rezagados, os últimos en adoptar a innovación, ou en rexeitala.
Esta clasificación estaría referíada máis á fase 5 (Implementación ) que a adopción definitiva, xa que despois dun primer momento de uso pode decaer o interese e abandoar a innovación.
E agora aplicamos a teoría anterior á introdución das TIC......
Necesitamos:
- Detectar ás innovacións.
- Difundir as boas prácticas.
- Atopar "Primeiros adoptantes" ( na terminoloxía de Rogers ) para que extendan as innovacións nos centros educativos. Resulta chamativo que as persoas máis importantes para a extensión dunha innovación non sexan as innovadoras.
Pero tamén precisamos que as innovacións sexan medibles, que aporten vantaxes sobre o que xa existe e que non rompan de xeito brusco cos hábitos actuais.
Como? , deixamos este punto aberto para o debate nos foros.