Etapas no uso das TIC

Eugenio Severín, en " Tecnologías de la Información y la Comunicación en Educación" ( BID, 2010 ) describe catro etapas , ou fases, na introdución e uso das TIC no ensino.

As etapas, tomadas da matriz de Morel , son:

Fase EMERXENTE ou IRRUPCIÓN , corresponde ás primeiras políticas de alfabetización dixital , e que para o conxunto de España poderíamos situar no ano 1985.

Fase de APLICACIÓN , creación das salas de informática, acceso a Internet e presenza nas TIC no currículo.

Fase de INTEGRACIÓN,  desenvolvemento de contidos dixitais, uso de ferramentas de autor, dominio de metodoloxías cooperativas.

Fase de TRANSFORMACIÓN ,  novos e mellores sistemas/plataformas de comunicación e aprendizaxe, TICs no currículo como un elemento destacado. Uso de estratexias metodolóxicas centradas no alumnado, de análise de información e desenvolvemento do pensamento crítico.

 

táboa que describe as 4 etapas de maduración no uso das tic

 

Na imaxe inferior atopamos a descrición das catro fases de introdución das TIC, referidas á práctica ensino-aprendizaxe.

 

etapas no uso das TIC, referidas á práctica docente.

Para reflexionar....

Referido a Galicia: Analiza a situación na que se atopan as políticas de introdución das TIC no ensino.

Referido ao teu centro docente: As táboas anteriores reflicten a realidade da presenza e uso das TIC  no teu centro?, en que etapa vos atopades?