C- Exposición
Como dicía a definición de fotografía que manexábamos ao comezo deste capítulo, fotografar significa gravar a luz que entra no corpo escuro da nosa cámara. É dicir, temos que expoñer á luz, o noso sistema fotosensible (película, captor electrónico...)
A combinación de dous parámetros (imos deixar a sensibilidade para máis adiante): tempo de exposición e apertura de diafragma, fará que entre a cantidade de luz que precisamos para que a nosa toma quede correctamente exposta.
Se expoñemos demasiado á luz dicimos que sobreexpoñemos; a imaxe quedará branqueada. Se pola contra quedamos curtos dicimos que subexpoñemos; a imaxe quedará escurecida.
| Subexposta |
|
| Exposición correcta |
|
| Sobreexposta | ![]() |
| Ferramentas dun Axente Forestal. PDI "Os Bosques" '12 |
|
|
|
En que afectan o tempo de exposición e a apertura de diafragma ás nosas fotografías?
- O tempo de exposición permitirá que conxelemos a imaxe ou que salgan "movidos" aqueles elementos que se desprazan no encadre. O tempo de exposición poderá ser dunha fracción de segundo ou de varios segundos, en función do efecto artístico que queiramos ou do que nos permita a cantidade de luz existente.
Xeneralizando un pouco (cos riscos que trae), unha foto tomada a pulso cun tempo de exposición por debaixo de 1/60 de segundo, ten moitas posibilidades de saír movida.
Se empregamos velocidades altas, 1/2000 seg. por exemplo, conxelaremos a imaxe independentemente de que se movan os elementos. As velocidades altas requiren moita luz e a posibilidade de abrir moito o diafragma (isto último non é unha característica de tódolos obxectivos).
- A abertura de diafragma vainos aportar maior ou menor profundidade de campo.Canto máis aberto o diafragma, menos profundidade de campo. Canto máis pechado conseguiremos un área enfocada máis grande.
É dicir, se puideramos decidir que abertura empregar, conseguiríamos escoller si queremos que máis ou menos zonas da nosa imaxe salgan nítidas, en función da distancia que as separe da distancia de enfoque.
(Tamén vai afectar a distancia focal do obxectivo)
| Nas dúas imaxes realizouse o enfoque no mesmo elemento (amarelo), pero na imaxe superior apreciamos maior nitidez nos restantes elementos que na segunda.
A imaxe superior ten máis profundidade de campo que a inferior. |
|
|
|
"Aínda que non tivéramos coñecemento do que significaban estes conceptos (tempo de exposición e abertura de diafragma), cada vez que tomábamos unha foto a cámara facía unha combinación destes dous parámetros (máis a sensibilidade)."
O ideal sería dominalos de xeito manual, pero non tódalas cámaras no lo van permitir. Pero aínda que esteamos nun modo de exposición automático, e o noso equipo non faga unha interpretación correcta da escena, sempre poderemos empregar a compensación da exposición (consulta as instrucións).
"Coa compensación da exposición poderemos aclarar ou escurecer as nosas tomas cando fagamos unha exposición automática a pesar de que as condicións de luz non permitan unha lectura correcta."
As cámaras traen sistemas automáticos de medicións de luz ou configuracións para determinadas circunstancias (interior, deportes, paisaxe, retrato, nocturno...) que o que fan é combinar un axuste de diafragma e de tempo de exposición.
Os distintos modos van tender a escoller diafragmas abertos ou pechados, tempos de exposición largos ou curtos, en función do tipo de imaxe para a que estean concibidos:
- Modo deportivo: escolle velocidade alta (para conxelar o movemento) o que pode supoñer diafragmas abertos (menos profundidade de campo), en función da luz que teñamos.- Modo paisaxe: escolle diafragmas pechados para ter máis profundidade de campo, polo que a velocidade pode ser lenta (pode facer falla trípode e disparador.
- Modo retrato: escolle diafragmas abertos para desenfocar o fondo. A velocidade porá a que corresponda coa luz que teñamos.
- Modo nocturno: permite velocidades moi lentas (ao mellor uns segundos). Sempre precisaremos trípode, porque se non sairá a imaxe movida. Tamén debemos empregar o temporizador do disparo ou un sistema de disparo remoto.
(Pode haber máis modos, en función da nosa cámara, e ás veces non están nun botón directamente, senón que habemos de entrar no menú para escollelos.)
Para resumir:
Expoñer unha foto será facer un equilibrio entre a apertura de diafragma, o tempo de exposición e a sensibilidade do sensor. Con este equilibrio deixaremos entrar a cantidade de luz que o fotómetro de medición nos indicou.
- Axustamos canta luz deixamos pasar polo obxectivo coa apertura de diafragma.
- Axustamos o tempo que a luz vai estar entrando co tempo de exposición.
- Axustamos que cantidade de luz pode absorber o sensor axustando a súa sensibilidade.
"A exposición é unha das técnicas máis importantes que debemos aprender, e co exposto neste punto non está nin por asomo rematado o capítulo.
Quedaríanos coñecer os sistemas de medición: puntual, matricial e ponderado; a Lei de Reciprocidade, o sistema de zonas...
Quizabes nun curso específico de fotografía..."
