Organización do equipamento TIC nun centro
Obxectivos
- Dar a coñecer aos dinamizadores TIC determinadas estratexias de organización de equipamento que favorezan un bo estado técnico dos equipos.
- Dar a coñecer a estratexia de soporte tecnolóxico deseñada para o Proxecto Abalar
Introdución
Cando estamos a falar de equipamento de un centro educativo principalmente falamos de:
- Equipamento que o profesorado utiliza con diferentes fins
- Equipamento que debe ter unha determinadas aplicacións de usuario instaladas
É importante comprender que un equipo é como un coche, ou unha bicicleta, cantas máis aplicacións teña instaladas máis puntos de erro vai ter que soportar. Este risco auméntase se:
- Non temos en conta a orixe e natureza das aplicacións instalando calquera cousa que nos ven ás mans e que pode conter dende virus ata programas publicitarios que relentizan o equipo.
- Para unha mesma necesidade pode máis a dinámica individual de cada profesor, que o pacto de ferramentas.
Así, compre realizar un pacto de necesidades e aplicacións a utilizar. É importante a discusión e reflexión en diferentes aspectos para definir que aplicacións debera ter instaladas un equipo. Agora ben, que criterios seguir? A mellor opción sempre será:
- Criterio de Software Libre: Unha aplicación software libre ten moitas máis garantías de supervivencia que unha privativa.
- Criterio de multiplataforma: Este criterio favorecerá a transferencia de habilidades adquiridas independentemente do sistema operativo utilizado.
Dende este punto de vista quedarémonos con un número limitado de aplicacións que cubrirán meirande parte de necesidades que ten hoxe en día o profesorado.
Na Aula Virtual Aberta do Proxecto Abalar podes ter acceso ás aplicacións instaladas no equipamento do proxecto, pode restularche de axuda para decidir.