Estrutura de soporte técnico da Consellería de Educación

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) é a responsable do soporte técnico dos elementos informáticos despregados nos centros educativos. Este soporte realízase principalmente sobre:

  • Infraestrutura de comunicacións do centro:
    • Cableado do centro
    • Infraestrutura wifi
    • Instalación e soporte da electrónica de rede
    • Mantemento das liñas de acceso a internet
  • Equipamento dotado dende a propia Consellería:
    • Equipos de sobremesa
    • Equipos portátiles
    • Impresoras
    • Pizarras Dixitais Interactivas
    • Cañóns de vídeo
    • Carros de carga de portátiles

Para a atención aos centro no tocante a apertura de incidencias técnicas existe a Unidade de Atención a Centros da Educación Galega (UAC) que funciona como punto central de recollida e escalado de información.

 

UAC

 

Ademáis, para todas aquelas cuestións non - normalizadas, os centros contan con persoal docente en comisión de servizos como Asesores Abalar (antigamente coñecidos como Asesores SIEGA) repartidos pola xeografía galega en 20 zonas xeográficas:

 

mapa asesores zona

Para poñerse en contacto co asesor correspondente chega con enviar un correo a abalar.zonadeterminada@edu.xunta.es:

abalar.allariz
abalar.barco
    abalar.betanzos   
abalar.burela
abalar.carballo
abalar.cee
abalar.coruna
    abalar.estrada   
abalar.ferrol
abalar.lugo
abalar.melide
abalar.monforte
    abalar.ortigueira   
abalar.ourense
abalar.pobra
abalar.pontevedra
abalar.tui
abalar.vigo
abalar.vilagarcia
abalar.zonacero

 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License