Velocidade de conexión
A velocidade transmisión de datos a través da rede é un elemento moi importante á ter en conta á hora de deseñar as metodoloxías que utilizaremos cos nosos alumnos nas aulas. Así, se queremos enviar múltiples paquetes de moito peso nunha furgoneta pouco potente que, en algún lugar do seu camiño, vai a ter que salvar un gran atasco, o fracaso está asegurado. Pola contra, se logramos baixar o peso do paquete a situación podería mellor, pero se ademáis somos quen de, enviando un só paquete, conseguir o mesmo que enviando vinte, a combinación pode ser a clave do éxito xa que o tempo necesario para que se produza a comunicación redúcese considerablemente.
- Capacidade de bps que pode transportar un medio físico: no transporte de datos de un dispositivo a outro é preciso que entren en xogo tanto os interfaces de rede dos nosos equipos, así como dos aparatos que funcionan a modo de commutador, enrutador etc e que se denomina "electrónica de rede". Metaforicamente estamos a falar de:
- O interface de rede do noso equipo é a porta de entrada e saída da oficina de paquetería que permite unha velocidade máxima determinada.
- A velocidade da propia furgoneta que poderiamos identificala cos latiguiños (cables) implicados, tamen teñen unha limitación máxima en canto á velocidade de transmisión.
- A velocidade máxima pola que se pode pasar por unha determinada rotonda (estariamos da velocidade máxima da electrónica de rede), ou
- A velocidade máxima á que podemos atravesar unha aduana ata chegar á rede pública (internet), etc.
- Número de comunicacións: A velocidade de conexión dos elementos físicos debe repartirse entre o uso que, de ese elemento físico se está a facer. Así, se queremos que os nosos alumnos vexan un vídeo en Youtube.com, é posible que experimentemos problemas de lentitude ao pretender compartir unha banda ancha de 8Mbps entre 20 alumnos descargando un vídeo. Hai que ter en conta tamén que o resto de equipos do centro tamén está a facer uso de esa conexión.
Neste aspecto existe unha limitación importante. A velocidade máxima
nunha transmisión dende o emisor ata o receptor será aquela que marque o
dispositivo que teña a menor velocidade máxima e que, como dixemos
antes, por norma xeral esta limitación atópase nas ADSL que dan acceso a
internet (as aduanas).
Actualmente existe o consenso técnico de que é preciso unha mellora nas liñas de acceso de banda larga para a mellora de todos os procesos implicados na introdución real das TIC nas aulas.