SO de móbiles

A evolución dos SO

A evolución da tecnoloxía fai que cada vez máis se entenda aos terminais que utilizamos os usuarios como "terminais lixeiros" e que gran parte da computación que se viña realizando nas máquinas locais, as nosas, se faga agora en servidores (cloud computing). Esta realidade fai que para que un usuario teña as súas necesidades tecnolóxicas cubertas só precisa, en principio, dun navegador con conexión a internet o que permite simplificar moito a capacidade dos sistemas operativos, xa que non deben estar preparados para soportar unha variedade importante de tipos de aplicacións.

Esta realidade, como xa dixemos en outras ocasións, ten aspectos positivos e negativos. Un elemento sobre o que queda moito por reflexionar é o debate sobre a privacidade dos nosos datos persoais, que tipo de datos estamos a compartir, onde están almacenados e que uso real se fai de eles.

A aparición dos dispositivos móbiles e a imposibilidade de instalar sobre estes aplicacións que requiriran de unha gran cantidade de recursos, fixo que aparecera a nova organización no que respecta ás aplicacións que instalamos nos nosos dispositivos. Na contra de que o SO soporte unha gran variedade no que se refire ao tipo de aplicacións, rómpese a independencia entre aplicación de usuario e Sistema Operativo, pasando a formar parte da mesma estrutura. Agora os usuarios acceden a un repositorio común onde poden atopar un gran número de aplicacións.

Os sistemas operativos para móbiles:

androidSendo un mundo en constante e rapidísima evolución podemos identificar como os SO para móbiles máis coñecidos e utilizados:

    • Android: Baseado en software libre (aínda que non é software libre) está soportado polo xigante de internet Google. O seu repositorio de aplicacións denomínase GooglePlay e actualmente conta con máis de 500.000 aplicacións que entre as gratuítas e as de pago.
      Google chega a acordos cos fabricantes de dispositivos móbiles para que estes traian preinstalado este SO
    • iosiOS: Sistema Operativo de Apple para móbiles, ven preinstalado nos iPhone. Conta no seu App Store con máis de 650.000 aplicacións entre as gratuítas e as de pago.

Sempre que en internet nos ofrezan produtos gratuítos é importante reflexiona cal é a motivación de que existan. No caso do software libre é a propia comunidade de usuarios a que pon a disposición de todos os programas sen un interese maior que o que sexan utilizados. No caso das empresas comerciais convén informarse, moitas veces simplemente se financian a través da publicidade que inclúen nas aplicacións pero en moitos dos casos a súa rendabilidade ven polo uso que fan dos nosos datos privados.

Existe unha gran rivalidade entre as compañías que optan polo sistema Android e Apple, chegando a auténticas batallas legais polo uso de ideas suxeitas a patentes millonarias. Esta rivalidade chega incluso aos usuarios que, a nivel moito máis distendido, discuten habitualmente que sistema é o mellor.

Outros SO para móbiles.

    • Windows Phone
    • BlackBerry OS
    • Symbian OS

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial 3.0 License