Reflexionando
Para comezar a traballar sobre as necesidades como coordinadores TIC asociadas aos sistemas operativos e ás redes nos centros é importante ter en conta o nivel de coñecementos que ten o conxunto do profesorado en relación a estes temas. Quizáis sexa máis interesante ensinar aos compañeiros a pescar tentando evitar darlle o peixe cociñado.
O foro deste curso resulta extremadamente privilexiado polo alto nivel de reflexión que, sobre o tema, debera haber. Dende este punto de vista pedagóxico é importante pactemos, aínda que sexa de xeito xeralizado, un nivel de coñecementos previos que o profesorado ten na actualizadade sobre redes e sistemas operativos. Á súa vez, tamén podemos discutir sobre a pertinencia de que o profesorado no seu conxunto poida achegarse a este tipo de coñecmentos.
Realiza unha entrada no foro "Sistemas e comunicacións: Os coñecementos dos nosos compañeiros profesores" que atoparás na páxina principal do curso no que compartas unha pequena reflexión sobre o exposto. Non te olvides de comprometerte dando a túa opinión xustificada sobre os coñecementos que, por un lado ten o profesorado, e aqueles que consideras debe, ou non debe adquirir. Indica tamén na mesma entrada os medos que condieras teñen os nosos compañeiros á hora de enfrontarse coa tecnoloxía.
No propio foro tes máis información sobre a tarefa