Os compoñentes nas redes de datos
Existen principalmente tres grandes elementos no que ás redes de datos se refire:
- Os elementos hardware que fan referencia a elementos físicos necesarios
- Os elementos software que son os programas e configuracións que fan posible que a información navegue a través da parte hardware
- Os protocolos, que son a regras necesarias ás que o proceso comunicativo se debe someter para que a comunicación teña éxito.
Metaforicamente, cando falamos dos elementos físicos poderiamos identificar a furgoneta da empresa de paquetería, unha rotonda onde o vehículo pode optar por diferentes vías, ou fisicamente o destino a onde debe chegar o paquete. Os elementos software serían aquelas opcións que, sobre o propio hardware, pode modificar os procesos comunicativos. Así, poderiamos identificar ao operario da empresa da paquetería como un elemento software, ou aquelas normas específicas que, non contradecindo os protocolos, se poden aplicar para a mellora do propio proceso (máximo de carga, elementos de personalización para o transporte, etc)
Finalmente, entendemos como protocolos aquelas cuestións básicas que é imprescindibles a cumprir. Por exemplo, que o vehículo teña as rodas circulares, que as vías sexan transitables, que a circulación se faga ordenadamente pola dereita, etc.
Imaxe de ClipArt http://openclipart.org (Spider)