O Sistema Operativo
Un sistema operativo (SO) é un programa, ou conxunto de programas, que nun sistema informático xestiona os recursos de hardware e prove de servizos aos programas de aplicación, executándose en modo privilexiado respecto dos restantes.
Podemos entender o SO como unha das catro partes que interveñen na interacción usuario/tecnoloxía:
- Hardware
- Sistema Operativo
- Aplicacións
- O propio usuario
Tanto as aplicacións como o sistema operativo pertencen á categoría de "software", pero se as primeiras teñen unha funcionalidade de servizo para o usuario, o sistema operativo busca servir de interacción co propio hardware e facelo funcionar.
Imaxe recollida de: http://operaequipodecomputocb7742carlos.blogspot.com.es/2011/04/que-es-un-sistema-operativo.html
Outro tipo de programas que o usuario utiliza para interactuar coa máquina (hardware) é o propio escritorio [1]. En Windows e MAC este está totalmente integrado no Sistema Operativo pero, en termos estrictos, o escritorio non pertencería ao SO. Vémolo así nas diferentes distribucións GNU/Linux onde o usuario pode decidir que escritorio quere utilizar para interaccionar co SO (Gnome, KDE, etc) e, en consecuencia, co hardware.
Non só os ordenadores persoais utilizan SO, todos aqueles aparellos electrónicos con funcións programables teñen algún tipo de SO. Principalmente utilizan SO os PC (GNU/Linux, MAC, Windows, Google Chrome, etc..) e os dispositivos móbiles (Android, iOS, BlackBerry OS, Windows Phone, Symbian OS, etc...).
Ademais da coordinación do hardware tamén é unha tarefa importante do SO a organización dos arquivos nos dispositivos de almacenamento, así como a organización dos usuarios con acceso ao sistema, entre outros.
Así pois, ademáis da máis básica interacción co hardware, existen determinadas funcións principais que podemos ver en tódolos sistemas, e sobre as que podemos estruturar o noso coñecemento sobre os mesmos:
- Acceso ás aplicacións de usuario: estas instálanse sobre o propio Sistema Operativo eliminando así a dificultade extra que terían os programadores de aplicacións en adaptarse ao hardware.
- Acceso aos aos arquivos almacenados nos diferentes dispositivos de almacenamento.
- Administración dos recursos: instalación/desinstalación de aplicacións, actualizacións, xestión dos dispositivos de almacenamento, xestión de servizos e usuarios.
Fonte:
[1] Aplicación gráfica organizada en ventás que permiten a xestión do sistema operativo