Xestión e administración avanzada da rede e do sistema operativo

Ata hai pouco tempo cando se falaba de novas tecnoloxías imaxinabamos seguramente un entorno similar ao seguinte...

 

tv

Este entorno sitúa o valor pedagóxico na simple "novidade" e confía en que únicamente modificando os escenarios o cambio metodolóxico está asegurado.

Técnicamente non supón complexidade xa que estamos a falar de un único dispositivo non comunicado.

 

Icona iDevice

E logo?

Que ocorre hoxe cando a tecnoloxía invade os centros? A necesidade impera e dicta que é totalmente preciso ter os equipos conectados entre si e co mundo. 

A realidade técnica é moito máis cruda, os centros educativos son a día de hoxe entornos tecnicamente hostiles pola complicación que supón manter en funcionamento constante e conectado á rede unha gran cantidade de equipamento. O gran número de dispositivos que hoxe en día existen nos colexios xeran necesidades de soporte antes non contempladas.

Un dispositivo só ten potencial educativo cando técnicamente a súa dispoñibilidade, tanto a nivel de sistema como de rede, é máxima. Ou o que é o mesmo, cando todo funciona correctamente ;)


Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial 3.0 License