Configuración física e lóxica
Para comprender de un xeito relativamente sinxelo os requisitos básicos
para que a comunicación poida producirse podemos atender a:
- Configuración física: garda relación cos elementos físicos, e son
as que garanten que o canal é estruturalmente correcto. Estamos a falar
das tarxetas de rede, a interconexión entre dispositivos a través dos
seus cables de rede, a electrónica de rede que permite a multiplicación
de portos, etc. En caso de producirse unha perda de conetividade
resulta convinte revisar esta infraestrutura, por exemplo, que o cable
de rede está conectado.
Metaforicamente podemos interpretar que si unha estrada está cortada equivalería a que a configuración física é incorrecta. Outro exemplo pode ser unha estrada danada (latiguiño danado) que non permite o paso dos paquetes de datos. - Configuración lóxica: é a que garda relación coa configuración que debe ter o dispositivo hardware para que poida producirse a conexión. A nivel de configuración os elementos máis importantes que debemos coñecer son os denominados parámetros TCP/IP de rede. Así pois pasamos a explicalos a continuación.
imaxe recollida de http://openclipart.org (configuration)