A comunicación
As redes de datos dende unha metáfora
Ao igual que nos procesos comunicativos habituais entre as personas, o sistema de comunicación que utilizan os ordenadores para enviarse mensaxes é moi similar. Con peculiaridades propias dos sistemas para os que están deseñados pero, a nivel xeral, é un punto de partida que pode resultar interesante á hora de comprender unha rede de datos.
Para a explicacións deste módulo imos utilizar unha metáfora: O envío de un paquete a través dunha empresa de mensaxería sobre a rede viaria de estradas.
Así pois, e seguindo o esquema comunicativo (emisor, mensaxe, medio e receptor) podemos identificar os elementos que entran en xogo:
- O emisor é o usuario que está a emitir unha mensaxe. Na nosa metáfora o emisor é o usuario que reliza o envío.
- A mensaxe é o contido que crea, que distribúe, transforma e redistribúe o emisor (usuario). Metafóricamente estamos a falar do paquete a enviar.
- Ao referirnos ao medio estamos a falar de todos os procesos e
infraestruturas implicados no proceso comunicativo.
No caso da metáfora da que estamos a utilizar teriamos que referirnos dende a furgoneta utilizada, ata as estradas polas que viaxa, seguido polo conxunto de normas que o operario que conduce a furgoneta debe respectar. - Finalmente o receptor sería o usuario que recibe a mensaxe (o paquete).
Como podemos observar na distribución anterior dos elementos comunicativos as TIC están representadas principalmente no que coñecementos como "medio", quedando á parte da propia tecnoloxía a mensaxe, o emisor e o receptor que, por lóxica, son a parte máis importante da comunicación. Así pois, neste punto, podemos facer unha chamada á reflexión sobre a seguinte frase escoidata en diversas ocasións:
- As ferramentas TIC deben ser utilizadas como medio e non coma un fin en si mesmas
Partir desta realidade para traballar coas TIC situará os nosos obxectivos de aprendizaxe en elementos de tipo máis instrumental que tecnicista, favorecendo así a selección de ferramentas, elemento que hoxe, pola oferta de recursos software TIC que existe na rede, representa un problema de integración TIC nas nosas metodoloxías.
Ademáis, comprender técnicamente as ferramentas TIC como un medio fai que situemos cada elementos nun sitio comprensible dentro dunha estrutura xeral metodolóxica. Para favorecer esta comprensión continuaremos coa metáfora citada anterioremente.
Imaxe de http://openclipart.org (social net)