Reflexionando

Icona de iDevice Reflexión

Como eran as aulas hai máis de dez anos?

Pasillo escuelahttp://openclipart.org/detail/630/thinkingboy-outline-by-ryanlerchHai algo máis de vinte anos comezábase a falar de novas tecnoloxías na escola pero as aulas eran totalmente analóxicas, non contaban con conexión a internet, pizarra dixital, etc...

Básicamente, todos coñecementos os elementos que tiña un aula aló polos 1990. O que non por dar clase, por estudar nelas.

Nesta primera actividade imos tentar identificar diferentes elementos que tiñan as aulas de aqueles tempos e a forma en que os utilizabamos.

Unha actividade que propoñemos para ir comezando e olvidarnos da tecnoloxía! quen o diría nunha actividade formativa directamente relacionada coasTIC...

Trátase de compartir co resto de compañeiros experiencias e coñecementos de hai máis de dez anos. Imos tentar que estes estea relacionados con elementos concretos que existían nas aulas, independentemente de que existan ou non hoxe en día. Para facelo podemos dirixirnos ao Foro de "Aulas no pasado" e elaborar, alomenos, unha entrada cada un facendo referencia a un elemento que se atopara na aula. Dentro da breve explicación que fagamos sobre el podemos ter en conta algúns dos seguintes aspectos:

  • Se pertencían á estrutura fixa da aula
  • Se estaban asociados a un ámbito educativo concreto
  • Se existía en tódolos colexios
  • Se estaba proporcionado polo docente, os alumnos ou o propio sistema
  • Se estaba pensado para ser utilizado polo docente, polo alumno, por ambolos dous
  • Se estaba feito de materiais tanxibles, o tipo de materiais co que estaba elaborado
  • Outros que se vos poidan ocorrer
Icona iDevice

Precoñecemento

En multitude de ocasións temos coñecementos moito máis elaborados do que inicialmente consideramos. Esta realidade é un potencial que debemos aproveitar á hora de aventurarse a experimentar nas aulas, xa que parece ser o xeito máis sinxelo de aprender.

En todo caso, nesta actividade formativa non estamos sós cos titores, o propio grupo, e á súa vez toda a experiencia que no seu conxunto acumula, debe ser o elemento principal para reflexionar sobre os contidos propostos. Así que, partindo do que sabemos, imos construir o primeiro dos elementos tanxibles:

  • Realiza unha entrada no glosario "Elementos TIC dunha aula" con un elemento hardware que utilices habitualmente na aula. Explica na entrada porqué é tan importante para ti. Non te preocupes porque a entrada esté repetida xa que podemos engadir entradas duplicadas, o importante é a xustificación do uso do hardware específico (para o titor: glosario secundario, con entradas duplicadas, permitir comentarios)
  • Realiza unha segunda entrada no glosario "Software que utilizamos" con un software que utilices a miúdo e que sexa importante para no teu desenvolvemento docente.

Unha vez rematada a actividade poderemos analizar o seu resultado e ver as impresións que nos causa, analizaremos o seu resultado para determinar posibles dificultades ou potencialidades a ter en conta.

 

glosario

Ánimo!


Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License