Para rematar
Reflexiona
Respostando no foro "Tarefa final: Reflexiona sobre os elementos dunha aula TIC" elabora un texto sobre os elementos TIC que debe ter un aula. O artigo debe construírse atendendo a:- Cuestións de formato:
- O artigo deberá utilizar os encabezados de estilo para a correcta organización dos contidos
- Non se poderán modificar os tamaños/tipos de fonte
- Deberá conter algún elementos multimedia (imaxe, vídeo, presentación, etc...)
- Será necesario realizar as citas correspondentes aos recursos externos utilizados
- Deberase ter en conta a propiedade intelectual dos contidos utilizados, valorando a posibilidade da súa incorporación atendendo a cuestións de licenza
- Cuestión de contido:
- Deberán aparecer aqueles elementos TIC que consideramos imprescindibles. Clasificarémolos en elementos de infraestrutura, elementos hardware e software.
- Identificaremos aqueles elementos (mínimo 3) con maior potencial educativo realizando unha pequena indicación dunha posible actividade educativa a realizar cos nosos alumnos.
- Identificaremos dous elementos TIC con potencial comunicativo e xustificarémolo
- Identificaremos dous elementos TIC con potencial colaborativo e xustificarémolo
Valorarase para a superación da tarefa a realización de comentarios sobre entradas de blogues de outros compañeiros.
Para a entrega da tarefa terase en conta, ademais da propia entrada do foro, os comentarios feitos sobre os artigos dos compañeiros.
Imaxe recollida de: http://openclipart.org