4.- Creative Commons
Creative Commons (bens "Comúns Creativos") é unha Organización Non-Gobernamental, sen fins de lucro, que foi fundada e presidida orixinalmente por Laurence Lessing, profesor de dereito na Universidade de Stanford e especialista en ciberdereitos.
Na actualidade o director xeral é o empresario xaponés Joichi Ito, que aventurou que "Creative Commons converterase nunha organización de estándares dos dereitos de autor".
A idea é que algunhas persoa poden non querer exercer tódolos dereitos de propiedade intelectual que lles permite a lei. Hai xente para a que é importante contribuír e participar nun proxecto intelectual común.
Creative Commons trata de axudar á xente a expresar esta preferencia por compartir ofrecendo un conxunto de licenzas sen custe algún.
Fonte: http://es.creativecommons.org/pmf/#faq_entrada_0001
TIPOS DE LICENZA CREATIVE COMMONS
| |
Recoñecemento (Attribution): En calquera explotación da obra fará falta recoñecer a autoría. |
| |
Non-Comercial (Non commercial): A explotación da obra queda limitada a usos non comerciais. |
| |
Sen obras derivadas (No Derivate Works):A autorización para explotar a obra non inclúe a transformación para crear unha obra derivada. |
| |
Compartir Igual (Share alike): A explotación autorizada inclúe a creación de obras derivadas sempre que manteñan a mesma licenza ao ser divulgadas. |
Con estas condicións, xéranse seis combinacións que producen as licenzas Creative Commons:
| |
Recoñecemento (by): Permítese calquera explotación da obra, incluíndo unha finalidade comercial, así como a creación de obras derivadas, que tamén se poden distribuír sen restriccións. |
| |
Recoñecemento – NonComercial (by-nc): Permítese a xeración de obra derivada sempre que non se faga uso comercial. Tampouco se pode usar a obra orixinal con finalidades comerciais. |
| |
Recoñecemento – NonComercial – CompartirIgual (by-nc-sa): Non se permite o uso comercial da obra orixinal nin das posibles obras derivadas, cuia distribución debe ser igual á que regula a obra orixinal. |
| |
Recoñecemento – NonComercial – SenObraDerivada (by-nc-nd): Non se permite un uso comercial da obra orixinal nin a xeración de obras derivadas. |
| |
Recoñecemento – CompartirIgual (by-sa): Permítese un uso comercial da obra e das posibles obras derivadas, cuia distribución debe facerse cunha licenza igual á da obra orixinal. |
| |
Recoñecemento – SenObraDerivada (by-nd): Permítese o uso comercial da obra pero non a xeración de obras derivadas. |
Esta información está traducida da páxina de Creative Commons España: http://es.creativecommons.org/licencia/
Se precisamos unha fotografía, debuxo, un son ou un texto, para un traballo ou presentación, que logo distribuiremos ou compartiremos, debemos asegurarnos de que sexan de uso compartido. Para elo, debemos coñecer en que lugares podemos obtelos ou utilizar os buscadores avanzados.
Por exemplo, Google, na busca avanzada, nos ofrece o campo para que o que buscamos sexa coa licenza que precisamos: