1.- Introdución
Empregar as TIC dun xeito ético, responsable e seguro.
As posibilidades que nos ofrece o software gratuíto, a extensión das redes para crear e dar a coñecer o nosos traballos, a posibilidade de ter un blogue ou unha páxina web propios ou crear novos materiais co nosos alumnado, poden levarnos a utilizar materiais dun xeito inapropiado.
Para evitar estas situacións e tamén para comezar a entender cal sería a mellor forma de amosar e compartir o noso traballo deberemos coñecer determinados conceptos.