2.- Meiga

 

Aínda que nace como unha aplicación de xestión de bibliotecas e que esa é a súa misión principal non se debe esquecer que o proxecto alcanza outras dimensións como son as da automatización dos procesos de catalogación, préstamos, etc., normalización de datos bibliográficos, procesos de intercambio de información pola rede, e en definitiva a integración de nosas bibliotecas nunha rede e a incorporación delas na nova sociedade da información.

Ve-la portada dun libro a consultar, escoitar un tema dun CD de música, ver un tráiler dunha película, ler comentarios sobre un rexistro ou simplemente ler libros electrónicos en liña é unha realidade co MEIGA.

De sinxela utilización e configurable polo usuario, cubre as necesidades básicas dunha biblioteca para catalogación, recuperación e préstamos, tamén adáptase a estándares de importación e exportación en formato MARC, ISBD, reservas, estatísticas, etc..., manexando todo tipo de ficheiros multimedia convértese nunha atractiva ferramenta de consulta para o público e unha potente aplicación para o bibliotecario.

MEIGA é executable en calquera ordenador que dispoña de sistemas operativos MS-DOS, Windows 95, 98, Me, 2000, NT, XP. Funciona tanto en monoposto como en rede, non habendo recorte no número de usuarios.

MEIGA distribúese de forma totalmente gratuíta, pola Dirección Xeral de Promoción Cultural, entrégase cun manual e dous programas para postos de consulta ó público: un para nenos e outro para o público en xeral.

Co servicio de comunicacións integrado dentro do propio programa os usuarios teñen a posibilidade de acceder a redes virtuais de bibliotecas, chats, mensaxes, conversas, comunicación co mantemento, consulta dos catálogos, incorporación de rexistros, etc., e todo en tempo real.

O motor de búsca web e o editor dixital de bases de datos son outros dos productos MEIGA.

Dada a súa flexibilidade e adaptabilidade está instalado en distintos tipos de bibliotecas: museos, fundacións, asociacións culturais, etc., pódese utilizar como ferramenta pedagóxica na aula, en programas de fomento da lectura, contando cun amplo respaldo da Comunidade Educativa.

A extraordinaria expansión que tivo esta aplicación dende o seu inicio, fai do PROXECTO MEIGA un proxecto único e orixinal da nosa comunidade autónoma e no resto de España.

 

Fonte: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/PresentacionProxectoMeiga.aspx