2.1- Empréstito-Devolución
Nesta sesión faremos un repaso das opcións de empréstito e devolución de libros, tarefas habituais para o profesorado nas bibliotecas escolares.
Inicio de Meiga.
O símbolo que identifica ao Meiga é unha curuxa que, seguramente, veremos no escritorio do ordenador da biblioteca.
Faremos dobre clic sobre ela e abrirase unha pequena ventá na que nos deberemos identificar. Segundo a nosa función na biblioteca, o nome de usuario e contrasinal serán diferentes e sempre deberemos utilizar aqueles que nos asigne o centro.
Se somos un usuario que non ten tódolos accesos abrirase o programa coa seguinte cabeceira.
Dende ela, accederemos a opción Empréstitos e devolucións. Podemos facelo de dúas maneiras:
![]() |
![]() |
|
1.- Barra de menú – Circulación – Empréstitos/devolucións. |
2.- Botón Empréstitos/devolucións. |
A ventá dende a que traballaremos será a seguinte. Dende aquí podemos xestionar os empréstitos, as devolucións e as listas de espera.
Nesta ventá, ademais da operación que queremos realizar e dos datos do lector e do libro, na parte inferior hai un recadro que os ofrece información moi importante; nela aparecen os rexistros dos libros emprestados a un lector en concreto así como as datas de inicio e fin dese empréstito. Tamén pode aparecer no listado algún libro que teña en lista de espera. Na columna Estado/Lector aparecerá un E se o libro está emprestado e un L se o libro está en lista de espera.
O primeiro que debemos facer é escoller o proceso que queremos realizar, picando na opción correspondente, na columna Operación, que podemos ver á esquerda desta ventá.
Empréstito: Unha vez escollida esta opción, completaremos os datos da ventá. Podemos completar os Datos lector (cadros de cor violeta) ou os Datos libro (cadros de cor rosa). É indiferente cales escribamos primeiro, pero cada vez que escribamos un dato, debemos darlle á tecla Intro para completar os datos asociados.
Cando o programa saiba cal é o libro solicitado aparecerá na ventá un semáforo, que nos indicará se o libro está: Dispoñible, Emprestado ou en Lista de espera
No caso de estar dispoñible, só teremos que premer no botón
Aceptar da ventá e realizar o empréstito.
Se aparece o semáforo vermello, non se poderá emprestar o libro. Entón temos dúas opcións: podemos darlle a Pechar, co cal non se realiza o préstamo ou prememos sobre Aceptar, co cal o usuario pasará á Lista de espera.
Se o semáforo aparece en laranxa, indicaranos que o libro está en Lista de espera. Se lle damos a Aceptar, emprestamos o libro. Senón, pechamos.
Devolución: A primeira acción será escoller a opción Devolución na columna da esquerda, introducir os Datos lector (cadros de cor violeta) ou os Datos libro (cadros de cor rosa), escoller da lista o/os libro/s que se devolven e darlle a Aceptar.
Para iniciar un novo proceso tanto de empréstito como de
devolución, utilizaremos previamente o botón Limpar.
Lista de espera: Pode que necesitemos quitar da lista algún libro, pola razón que sexa. Ao escoller, na columna da esquerda, Lista espera, aparecerá un novo botón na esquina inferior esquerda, que nos servirá para eliminar desta lista o libro seleccionado.

